Juan Hernández será xogador celeste até o ano 2022 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta. O extremo lorquino xogará cedido no Sabadell ata final de tempada tras o acordo alcanzado co club catalán.
O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa cesión no conxunto branquiazul.