O lateral zurdo celeste David Juncà foi presentado esta mañá no Salón Regio de A Sede polo vicepresidente Ricardo Barros e o director deportivo, Felipe Miñambres nun acto no que o defensor, terceiro reforzo do conxunto céltico, afirmou que “o Celta é un moi bo club, leva anos facendo as cousas ben, por iso digo que non mo pensei cando xurdiu a oportunidade de vir. Collo este proxecto con moita ilusión”.
Juncà indicou que “darei o mellor de min para que o equipo estea o máis arriba posible” e subliñou ademais que “onte empezamos bastante forte xa, creo que a cousa vai ir por aí, vai ser bastante físico, intensidade, O adestrador deunos unha pequena charla de cinco ou dez minutos esixíndonos iso, tanto en adestramentos como en partidos”.
“Cando o meu representante comunicoume o interese do Celta non dubidei en dicir que si e estou moi contento por iso”, concluíu o defensor celeste.