O lateral Kevin Vázquez recibiu este venres a alta médica tras completar con total normalidade o adestramento e estará a disposición do adestrador Óscar García de face ao importante encontro ante o Xetafe. Doutra banda, as probas médicas han confirmado que Juan Hernández sofre unha rotura fibrilar de grao I no aductor medio da súa coxa dereita e permanecerá ao redor de dúas semanas de baixa. Denis Suárez segue co seu proceso de recuperación.