As probas realizadas polos servizos médicos do RC Celta nas últimas horas aos xogadores Kevin Vázquez e Thiago Galhardo revelan que ambos futbolistas sofren senllas roturas fibrilares. O canteirán presenta unha rotura de grado I no músculo semitendinoso da coxa esquerda, mentres que o dianteiro brasileiro padece unha rotura do mesmo grado no bíceps femoral dereito.
O tempo de baixa establecido polos servizos médicos celestes para Kevin Vázquez é dunhas tres semanas e para Thiago Galhardo de entre tres e catro semanas.