A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta ao lateral Kevin Vázquez desvela a existencia dunha escordadura de grao II do ligamento lateral externo do xeonllo dereito. O tempo estimado de baixa será de entre tres e catro semanas.