As probas realizadas polos servizos médicos do RC Celta a Kevin Vázquez detectaron unha rotura fibrilar no recto anterior da súa perna dereita. O período de baixa será de seis a oito semanas. Doutra banda, Lucas Olaza e Juan Hernández continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.