O defensa celeste Kevin Vázquez arrastraba nos últimos días unha escordadura leve no nocello esquerdo. O canteirán exercitouse este xoves con normalidade xunto ao resto do grupo e xa ten a alta médica. No parte de lesionados só aparece Mathias Jensen, cunha rotura fibrilar.