Primeiro Equipo

Krohn-Dehli reincorpórase aos adestramentos

RC Celta

mkd090914.jpg

O danés participou na vitoria de Dinamarca ante Armenia, partido clasificatorio para a Eurocopa

 


CELTA TV


 

Michael Krohn-Dehli xa adestra co grupo tras regresar da concentración coa selección de Dinamarca. O centrocampista céltico foi convocado polo seleccionador danés para dous encontros, un amigable ante Turquía no que non dispuxo de minutos, e un encontro ante Armenia, clasificatorio para a próxima Eurocopa 2016, no que xogou de principio a fin.

 

No partido ante Armenia, celebrado onte luns en Copenhague, Krohn-Dehli deu mostras do seu bo xogo e chegou a anotar un tanto, aínda que foi anulado por fóra de xogo. Os daneses lograron facerse coa vitoria por 2-1 ante un esixente combinado armenio.

 

Radoja, Madinda, Orellana, Jonny, Sergi Gómez e Rubén continúan concentrados coas súas seleccións para disputar os seus últimos compromisos internacionais este martes e, no caso do gabonés, mañá mércores.

 

Pola súa banda, Augusto Fernández continúa traballando na súa recuperación tras sufrir unha rotura fibrilar no aductor esquerdo durante o amigable Alemaña-Arxentina do pasado 3 de setembro. A próxima semana os servizos médicos do club someterán ao arxentino a unha ecografía de control para comprobar a evolución da súa lesión.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas