O partido ante o Atlético de Madrid deixou unha nota positiva en clave canteira. Gabri Veiga, que saltou dende o banco no minuto 52 de partido, anotou o seu primeiro gol como celeste na máxima categoría. O canteirán, tras asistencia de Iago Aspas, facía o 3-1 a falta de vinte minutos para o final.
Ademais, Gabri foi elixido pola afección celeste como o Xogador AIX Investment nun partido no que, aínda que non foi suficiente para pelexar os puntos, supón un paso máis na traxectoria do futbolista do Celta B.