JOSEPH AIDOO 3
Primeiro Equipo

O central Joseph Aidoo sofre a rotura do tendón de Aquiles no seu partido coa Selección de Ghana

RC Celta

O parón de LaLiga polos compromisos das seleccións nacionais sáldase cunha noticia extraordinariamente negativa para o RC Celta e un dos seus xogadores internacionais. O central Joseph Aidoo sufriu no seu primeiro compromiso co combinado de Ghana a rotura do tendón de Aquiles da súa perna esquerda.
Esta desafortunada lesión supón un severo contratempo para o cadro de Rafa Benítez, que o vindeiro sábado recibe ao Atlético de Madrid en Abanca Balaídos. Aidoo sufriu este serio contratempo ao bordo da media hora de xogo da primeira metade do encontro que a súa selección disputou hai uns días ante México.
O central celeste regresará nos próximos días a Vigo para ser avaliado polos servizos médicos do club, que tras a exploración determinarán os pasos a seguir no tratamento desta lesión.
O Club quere enviarlle a Aidoo unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta recuperación.
Ademais, o atacante Carles Pérez sofriu unha lesión na inserción do aductor esquerdo durante un adestramento e comezou a semana exercitándose de maneira individual.
RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas