Primeiro Equipo

LIGA | O Celta cae con claridade en Barcelona

RC Celta

wass-fcbcel-1617.jpg

 

O Celta, desacertado e desafortunado, caeu de maneira clara en Barcelona nun partido que chegou ao descanso con vantaxe local por dous goles a cero. Despois, un tanto en claro fóra de xogo pechou o choque e deu paso á zozobra e a unha goleada local fraguada en poucos minutos.

 

O Celta pasou apuros para conter ao Barcelona na primeira metade, un equipo local inspirado en ataque que logrou xerar chegadas de perigo… e aproveitalas. Tras un remate ao pau de Luís Suárez, Messi e Neymar anotaron para os cataláns, sempre apoiados en xogadas individuais para romper a zaga celeste. Antes dos tantos locais, Roncaglia puido adiantar ao Celta cun remate á saída dun córner que saíu rozando a madeira.

 

Tras a continuación, o Barcelona volveu marcar nun fóra de xogo clamoroso de Rakitic para pechar, desta surrealista maneira, o partido. Pouco despois, Umtiti anotou, en posición dubidosa, para aumentar a vantaxe. Messi acertou nunha contra uns minutos despois ante un Celta que acusara de maneira terrible ese terceiro tanto. .

 

O equipo celeste, moi desafortunado, puido recortar por medio de Wass tras unha gran xogada de Aspas, pero o remate do danés, só, saíu desviado. Os vigueses puideron marcar en varias ocasións, pero non era o día.

 

FICHA TÉCNICA

5-FC Barcelona: Ter Stegen, Sergi Roberto (Iniesta, min.66), Piqué, Umtiti, Alba, Rakitic, Busquets (Mascherano, min.60), Rafinha, Messi, Luis Suárez e Neymar (Denis, min.69).

 

0-RC Celta: Sergio, Roncaglia, Cabral, Sergi Gomez, Jonny, Radoja, Hugo Mallo, Wass (Marcelo Díaz, min.68), Bongonda (Sisto, min.50), Iago Aspas e Guidetti (Jozabed, min.61).

 

Goles: 1-0, min.23: Messi; 2-0, min.40: Neymar; 3-0, min.56: Rakitic; min.60: Umtiti; 5-0, min.63: Messi.

 

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Busquets, Cabral, Radoja, Sergi Gómez.

 

Campo: Camp Nou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas