Primeiro Equipo

LIGA | O Celta golea ao Osasuna sobre a bucina (3-0)

RC Celta

sisto-celosa-1617.jpg

 

Solvente triunfo do Celta. O cadro galego asinou unha gran actuación no primeiro tempo e fraqueou no segundo, pero bastáronlle cinco minutos de brillantez nos últimos compases do duelo para pechar a vitoria. Sisto estreou o marcador no minuto 23 e Jozabed e Aspas pechárono practicamente sobre a bucina.

 

O Celta controlou o primeiro tempo, con comodidade, e no momento en que abriu a lata fíxose aínda máis forte e gustouse en ataque. Sisto asinou o 1-0 tras unha fermosa xogada na que Bongonda e Rossi demostraron a calidade que atesouran. Os de Berizzo ben puideron aumentar a súa vantaxe antes do descanso, pero o marcador non se moveu.

 

Vistos o primeiros corenta e cinco minutos, nos que o Celta foi notablemente superior, ninguén esperaba pasar apuros. Pero os rojillos saíron na segunda parte con enerxías renovadas e lanzáronse en busca do empate. Non pasou grandes apuros o conxunto vigués, pero o Osasuna ben puido marcar en máis dunha ocasión. A máis clara tívoa Sergio León. Rubén Branco, hoxe titular na portaría céltica, fixo un paradón para evitar a igualada.

 

E chegaron o últimos cinco minutos, e o Celta volveu a resplandecer para pechar con contundencia a vitoria celeste. Jozabed de cabeza, a saque de esquina, e practicamente na seguinte xogada Iago Aspas, a pase do xogador andaluz, sentenciaron o partido.

 

FICHA TÉCNICA

3-CELTA: Rubén, Jonny, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Marcelo Díaz, Radoja, Wass, Sisto (Jozabed, min.60), Bongonda (Hjulsager, min.84), Rossi (Iago Aspas, min.73).

 

0-OSASUNA: Sirigu, Oier, D.García, Vujadinovic, Clerc, Berenguer, Causic, Torres, De las Cuevas (Mérida, min.68), Oriol Riera (Kenan, min.83), Sergio León (Rivière, min.78).

 

Goles: Sisto, 1-0, min.23; Jozabed, 2-0, min.86; Iago Aspas, 3-0, min.88.

 

Árbitro: Vicandi Garrido, do comité vasco. Amonestou a Jonny (Celta).

 

Campo: Balaídos, 15.556 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas