Primeiro Equipo

LIGA | Solvente vitoria do RC Celta en Granada (0-3)

RC Celta

gcfcel01-1617.jpg

 

O Celta gañou con autoridade nos Cármenes nun parrido que dominou con solvencia desde o primeiro instante. Jozabed adiantou aos celestes na primeira mutade e Chelo Díaz, cun golazo de falta, e Beauvue redondearon unha goleada que mantén vivo aos celestes na loita por Europa.

 

O Celta exerceu un severo dominio do parrido desde o comezo, con bo posicionamento e longas posesións. Aos 19 minutos, boa ocasión para os vigueses cun excelente pase por detrás da defensa cara á Beauve e remate alto do ariete. Tres minutos despois, o dianteiro meteu un xenial pase cara a Jozabed, quen superou a Ochoa cun espléndido remate picado.

 

Os vigueses controlaron ben o choque ata o descanso e apenas sufriron perigo en xogadas esporádicas a balón parado, mentres que si o xeraron arriba en varias chegadas.

 

Tras a continuación, o Celta mantivo o control do encontro con solvencia, largando as posesións e aplicando paciencia en busca do espazo arriba. O traveseiro repeleu, aos 66 minutos de parrido, un disparo moi afastado dun Granada que buscaba á desesperada o tanto do empate, pero que non acababa de atopar as vías adecuadas.

 

O Celta, paciente, aumentou a súa vantaxe cun lanzamento maxistral de falta de Marcelo Díaz, E dous minutos despois, magnífica contra, golpeou á madeira de Bongonda e gol de Beauvue, quen acompañaba a xogada e aproveitou o rexeite.

 

FICHA TÉCNICA

0-Granada CF: Ochoa, Vezo, Saunier, Ingason, Silva, Agbo, Wakaso, Krhin (Boga, min.74), Pereira (Héctor, mn.74), Kravets (Carcela, min.46) e Ponce.

 

3-RC Celta: Sergio, Lemos, Roncaglia, Sergi Gómez, Planas, Pape, Marcelo Díaz, Jozabed (Señé, min.79), Hjulsager (Radoja, min.69), Bongonda e Beauvue (Sisto, min.83).

 

Goles: 0-1, min.23: Jozabed; 0-2, min.73: Chelo Díaz; 0-3, min.76: Beauvue.

 

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Inganson, Kravets, Wakaso, Silva, Ponce, Marcelo Díaz, Lemos.

 

Campo: Los Cármenes. Os xogadores celestes luciron antes do partido camisetas cunha mensaxe de ánimo para o lesionado Giuseppe Rossi: “Forza Rossi”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas