Stanislav Lobotka recibiu este xoves a alta médica tras completar de novo con normalidade o adestramento en A Madroa. O eslovaco lesionouse o pasado 1 de novembro e sufriu outro contratempo no seu nocello esquerdo tres semanas despois, cando xa encaraba a recta final da súa recuperación. O mediocentro estará a disposición de Miguel Cardoso para o importante partido deste venres ante o Leganés.