O centrocampista celeste Stanislav Lobotka sufriu no adestramento desta tarde en ABANCA Balaídos un posible esguince de sindesmosis no seu nocello esquerdo. O medio centro eslovaco estaba xa en fase de resolución do esguince externo de nocello esquerdo que sufrira e esta tarde reiniciou o adestramento co grupo. Durante esta sesión, sufriu a torsión do mesmo tobillo xerando unha nova lesión clínicamente compatible cun esguince de sindesmosis tibioperonea. Os servizos médicos do club realizaranlle unha nova resonancia magnética.
Por outra banda, o central Néstor Araujo adestrouse con normalidade e os servizos médicos celestes creen posible que reciba a alta nas próximas horas.