
O Celta e Charlotte FC chegaron a un acordo para o traspaso do mediocentro, Luca de la Torre.
O internacional estadounidense incorpórase ás filas do conxunto de Carolina do Norte que compite na Major League Soccer (MLS), despois de xogar cedido a pasada tempada no San Diego FC, tamén da MLS.
Luca da Torre chegou a Vigo en xullo de 2022 procedente da Eredivissie, concretamente do Heracles Almelo. En total, foron máis de 3.800 minutos, repartidos en 67 encontros, nos que Luca defendeu a camisola celeste achegando catro goles e nove asistencias.
O Celta quere agradecer o compromiso demostrado sempre polo xogador e desexarlle a maior das sortes na nova etapa deportiva que agora emprende.
Grazas, Luca!