O lateral zurdo Lucas Olaza debutou co primeiro equipo vigués. O charrúa, que xa defendera a celeste durante a 15/16 co Celta B, viviu a súa estrea ante o Villarreal e estivo á altura da transcendencia do encontro.
No oitenta e sete minutos que disputou, Olaza deixou moi boas sensacións, ademais dunha fantástica asistencia no gol de Maxi Gómez, o que puxo as táboas no marcador.