A menos de dúas semanas para que dea comezo a competición oficial, o primeiro equipo do RC Celta continúa co seu calendario de partidos amigables co obxectivo de chegar da mellor forma física e táctica ao primeiro duelo de Laliga.
Este sábado, como punto final do stage en Reino Unido, o conxunto de Claudio Giráldez enfrontábase ao Luton Town no estadio de Kenilworth Road. Un partido que finalizaba con vitoria para os nosos deixando moi boas sensacións entre os xogadores celestes.
Williot Swedberg foi o encargado de subir o primeiro tanto ao marcador á media hora de partido. Un gol que reafirma o bo estado físico no que se atopa o dianteiro sueco nesta pretemporada.
Xa na segunda parte, como é habitual nestes amigables, Claudio Giráldez revolucionaba o banco celeste cambiando case por completo o once titular. O conxunto celeste continuaba xerando ocasiones pero, no minuto 66, o centrocampista do conxunto inglés, Doughty igualaba o encontro. Un empate que non tardaría moito en romper Pablo Durán que, fiel á súa cita co gol, marcou o que é o seu terceiro tanto no primeiro equipo, mentres que, ao bordo do asubío final, un cabezazo de Iago Aspas poñía o 1-3 no marcador.
Boas sensacións para o conxunto de Claudio Giráldez que encara agora a última semana desta pretemporada 24/25 co partido ante o West Ham no horizonte. O que será o último amigable terá lugar o vindeiro sábado, 10 de agosto ás 16:00, no Estadio Olímpico de Londres.
FICHA TÉCNICA:
1 – Luton Town FC: Kaminski, Ogbene, Walters, Mengi, Johnson, Doughty, Baptiste, Clark, Chong, Morris e Adebayo.
3 – RC Celta: Marc Vidal, Carlos Domínguez, Mihailo Ristic, Javi Rodríguez, Jailson, Damián, Hugo Sotelo, Hugo Álvarez, Williot, Alfon e Borja Iglesias. Tamén xogaron Tasos Douvikas, Pablo Durán, Jonathan Bamba, Luca de la Torre, Sergio Carreira, Joseph Aidoo, Fran Beltrán, Tadeo Allende, Cervi e Iago Aspas.
Goles: 0-1, min. 35′ Williot; 1-1, min. 66′ Doughty; 1-2, min. 86′ Pablo Durán; 1-3, min. 89′ Iago Aspas.
Árbitro: John Busby.
Incidencias: Sexto partido amigable da pretemporada 24/25 que tivo lugar no estadio de Kenilworth Road (Inglaterra).