O Celta e o Levante UD chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra de Manu Sánchez. O lateral madrileño afrontará un novo reto co equipo granota, que esta tempada competirá na Primeira División.
Manu chegou a Vigo no verán de 2023 procedente do Atlético de Madrid. Na súa primeira tempada no club, xogou un total de 28 partidos oficiais coa camiseta celeste, superando os 1.890 minutos de xogo e proporcionando 5 asistencias. A tempada pasada, cedido, continuou a súa progresión no Deportivo Alavés, onde xogou 33 partidos de Liga e un de Copa do Rei.
Agora, Manu comeza unha nova carreira profesional no Levante UD, cun equipo que volve á elite e que confía na súa experiencia e talento para reforzar a súa defensa.
Moita sorte, Manu!

Primeiro Equipo