p>
Marcelo Díaz sufriu, durante o partido de Liga do pasado domingo ante o Athletic Club en San Mamés, unha ferida contusa no seu xeonllo dereito que precisou de oito puntos de sutura. Os servizos médicos celestes prevén que o futbolista poida estar dispoñible para o partido ante o Málaga CF.