Marcelo Díaz valorou positivamente o punto cultivado en Barcelona ante o RCD Espanyol, un empate que achega un pouco máis o obxectivo europeo: “O ideal sería quedarnos co tres puntos, pero seguir sumando é bo. Imos pelexar por entrar na Europa League. Témolo moi preto e non imos descansar até conseguilo matematicamente”, declarou o centrocampista celeste esta mañá na sala de prensa da Madroa.
O chileno disputou os 90 minutos ante o Espanyol e, aínda que as súas sensacións foron boas, recoñece que necesita tempo para alcanzar o seu mellor nivel: “Levo catro anos sen unha preparación boa. Nas miñas vacacións tocoume xogar clasificatorios, Mundial, Copa América… as miñas pretemporadas non foron normais e en Hamburgo tiven unha lesión complicada. Isto é como unha montaña rusa”, expresouse Marcelo que confía en ofrecer o seu mellor rendemento no Celta: “Aquí trabállase moi ben e estou seguro de que, máis pronto que tarde, vou conseguir o meu cento por cento”.
En canto ao próximo compromiso ligueiro, o luns ante a Granada (20:30, Balaídos), Marcelo cualificouno como “unha proba moi difícil” que permitiría ao Celta “asegurar o posto en Europa que anhelamos e que o Celta merece”.