Marcos Alonso foi elixido Xogador “Estrella Galicia” da tempada 2024/2025 tras unha destacada campaña no seu primeiro ano como celeste.
Péchase así un curso no que este galardón estivo moi repartido, xa que tamén contan con algún na súa casa Iago Aspas, Borja Iglesias, Pablo Durán, Javi Rodríguez e Fer López.
Marcos Alonso recibiu o trofeo na previa do partido do RC Celta ante o Rayo Vallecano en Abanca Balaídos, na última xornada da LALIGA EA SPORTS do curso en casa. O 20, a falta do último partido #ante o Xetafe CF, pecha unha tempada espectacular colectiva e individualmente na que entrou no once titular en 28 ocasións, sumando 2.559 minutos e marcando un total de 3 goles.
Parabén, Marcos!