O dianteiro celeste sufriu fai uns días a rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo
O dianteiro do Real Club Celta Mario Bermejo foi operado esta tarde de xeito satisfactorio polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima da lesión que sufriu no seu xeonllo esquerdo no partido ante o Atlético de Madrid. García Cota realízoulle unha astroscopia que confirmou a rotura completa do ligamento cruzado anterior e a rotura radial do menisco externo.
“Todo saíu segundo o esperado. Realizóuselle unha meniscetcomía parcial externa e implante de plastia autóloga do ligamento cruzado anterior extraída dos isquiotibiales. Non houbo ningunha complicación”, comentou o doutor García Cota, quen precisou que a intervención durou en torno a unha hora e media.
Mario Bermejo permanecerá dous días ingresado no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima e en canto reciba a alta comezará a rehabilitación na Madroa, xa que non se lle inmobilizará o xeonllo.
O periodo de baixa será dun mínimo de seis meses