ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Matías Dituro, gañador do primeiro premio Estrella Galicia da tempada

RC Celta

Matías Dituro recibiu na Cidade Deportiva Afouteza o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de setembro polas súas determinantes actuacións no seu debut na Liga española. O gardameta do RC Celta obtivo máis votos que os outros dous xogadores que alcanzaron a fase final do concurso, Santi Mina e Iago Aspas. Esta tempada, os seguidores nomean cos seus votos a tres futbolistas de entre todo o plantel para a final e nunha última votación elixen ao mellor xogador do mes. O porteiro arxentino detivo tres dos catro penaltis que lle lanzaron nas seis primeiras xornadas de Liga e realizou paradas de gran mérito.

Dituro mostrou a súa satisfacción por este recoñecemento de Estrela Galicia e a afección celeste: “Estou moi contento, un traballa para aportar ao equipo cando o necesita”. Engadiu que “estou feliz, feliz no club, no día a día e oxalá podamos seguir crecendo como equipo e empezase escalar”.

“Estou moi agradecido con toda a xente que votou e elixiume, oxalá as cousas sigan saíndo ben e podamos seguir tendo alegrías todos xuntos”, engadiu o gardameta celeste, quen recordou que “traballei moito durante todo este tempo e sentíame preparado para afrontar este desafío. Vin con moita ilusión, con ganas de traballar e de aportar ao equipo”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas