Matías Vecino foi presentado como novo xogador do Celta, esta tarde en Abanca Balaídos. Acompañado por Marco Garcés, director de Fútbol; e Sergio Álvarez, conselleiro celeste; o centrocampista uruguaio compareceu en sala de prensa ante os medios de comunicación.
O seu reencontro con Marcos Alonso e con Radu, as súas primeiras sensacións ao coñecer a todo o plantel ou cales son os obxectivos que se marca nesta nova etapa como celeste, son só algúns dos temas que abordou.
Matías, que portará o dorsal número 15, xa está preparado para debutar nun equipo no que destaca “a unión que hai entre todos os integrantes, coa xente, é un momento moi lindo“.
Dálle ao PLAY e non te perdas as súas declaracións completas!