
Matías Vecino sofre unha rotura fibrilar miofascial no sóleo da súa perna esquerda, segundo confirmou a resonancia magnética realizada esta mesma mañá no Hospital Ribera Povisa.
O centrocampista celeste tivo que ser substituido tras notar molestias nos minutos finais do partido de volta dos oitavos de final da Europa League ante o Olympique de Lyon, disputado onte no Groupama Stadium.
Para a súa recuperación, Matías seguirá un tratamento de fisioterapia e estímase que estará de baixa entre 2 e 3 semanas.