Maxi Gómez, novo dianteiro do RC Celta, aseguraba nas súas primeira declaracións como celeste estar “ansioso por comezar”. Meu dito meu feito. Tan só un día despois da súa presentación ante o celtismo en Balaídos, o futbolista uruguaio púxose ao choio nas instalacións deportivas da Madroa. Baixo a supervisión do recuperador do primeiro equipo Pedro Docampo, Maxi iniciou un plan de adestramento que ten como obxectivo acelerar a súa adaptación ao grupo.
O atacante adestrará este xoves e venres, descansará sábado e domingo, e retomará o traballo a partir de luns sen tregua ata o seguinte fin de semana, último antes do inicio oficial da pretemporada. As sesións de adestramento de Maxi están estruturas en dous bloques, un físico xeneral baseado en exercicios de forza e resistencia cardiovascular, e outro técnico-táctico co que adoitar a súa musculatura ao golpeo.