Primeiro Equipo

Meritoria vitoria do Celta nun partido suspendido durante case media hora

RC Celta

vill-cel_0-2.jpg

O encontro detívose no 87 polo lanzamento dun bote de fume (0-2)

 

O Celta sumou unha meritoria vitoria ante un gran Villarreal, que empuxou con firmeza, pero non foi capaz de superar á zaga e ao porteiro celestes. No tramo final, Orellana cabeceou de forma maxistral un lanzamento de falta e anotou o tanto celeste nun choque que se suspendeu a falta de tres minutos para o final. Renovouse media hora despois e Nolito sentenciou cun magnífico lanzamento de falta. Cuarta xornada sen perder e gran triunfo ante un conxunto local espléndido.

 

O Celta sufriu nos primeiros minutos varias chegadas do cadro local, que saía en velocidade cando recuperaba na medular e atopou espazos nun par de ocasións nas que a zaga celeste logrou desbaratar os ataques en superioridade do Villarreal.

 

Pasado o primeiro cuarto de hora, os célticos comezaron a alargar as súas posesións, a aplicar precisión, pero sen xerar ocasións. O perigo para os vigueses era a contra do conxunto amarelo, ben ordenado atrás e veloz tras cada roubo para buscar as costas da defensa céltica.

 

As imprecisións volveron na seguinte fase do encontro en ambos os equipos, aínda que eran os locais os que maior presenza tiñan en ataque, mentres que os celestes non eran capaces de chegar con claridade á área rival. Os de Luis Enrique acabaron a primeira metade sufrindo, pero sen encaixar.

 

Tras a continuación, debutou Íñigo López, quen substituíu ao amoestado Cabral. E gran xogada de Santi Mina, que se foi dun par de rivais e lanzou un zurdazo que saíu preto do pau dereito de Juan Carlos.

 

O Celta seguía sen atopar o seu xogo, en especial de medio campo cara a adiante, xa que era incapaz de xerar fútbol para superar a medular do cadro local. Yoel salvou ante Moi Gómez aos 15 minutos nunha nova chegada do Vilarreal, que apertaba e empuxaba sen descanso.

 

Álex López puido marcar cun gran disparo aos 24 minutos que saíu rozando o pau tras tocar nun defensor. Foi unha fase de maior ida e volta, con máis espazos e menor presión, froito do cansanzo. Aos 33 minutos, Yoel sacou cos pés un remate de socato de Perbet noutra boa intervención do porteiro vigués.

 

E o Celta, aos 38 minutos de xogo anotou a balón parado. Falta lateral, cabezazo de lonxe de Orellana, quen prolongou o coiro de maneira espléndida e pegouno ao pau esquerdo de Juan Carlos. Gran efectividade do equipo vigués, que ata entón sufrira para frear a un bo Vilarreal.

 

A falta de catro minutos, produciuse o lanzamento dun bote de fume que provocou que o campo fose desaloxado e o árbitro suspendese o partido. Renovouse uns vinte e cinco minutos despois.

 

O Vilarreal foise arriba con todo… e Nolito marcou cun lanzamento de falta maxistral. O céltico colocou o coiro por encima da barreira e superou a Juan Carlos.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-Villarreal: Juan Carlos, Mario, Musacchio, Dorado (Gabriel, min.76), Jokic, Bruno, Pina, Trigueros (Nahuel, min.73), Moi Gómez, Dos Santos (J.Pereira, min.76) e Perbet

 

2-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, min.46), Aurtenetxe, Jonny, Fontás, Augusto (Álex López, min.69), Krohn-Dehli (Nolito, min.56), Rafinha, Orellana e Santi Mina

 

Goles: 0-1, min.83: Orellana; 0-2, min.89: Nolito

 

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Jokic, Musacchio, Aurtenetxe, Cabral, Augusto, Nolito

 

Campo: El Madrigal

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas