O adestrador do RC Celta, Miguel Cardos, valorou positivamente o empate do RC Celta ante o Alavés. “Despois do último partido, onde non estivemos nada ben, o equipo soubo reaccionar, xuntarse e sobre todo competir moi ben. Interpretamos ben os distintos momentos do partido e é por iso que conseguimos terminar coa portaría a cero”, comentou en sala de prensa.
O adestrador portugués destacou a reacción do equipo tras o sucedido nas últimas semanas. “Saímos reforzados porque todo o mundo viu a actitude do equipo en condicións emocionais moi difíciles. Iso mostra que os rapaces traballan de maneira moi seria. Só non pelexa aquel que está morto”, sinalou.
O capitán Hugo Mallo destacou o feito de manter a portaría a cero. “É importante crecer a partir dunha boa defensa. Soubemos sufrir e creo que o resultado é xusto”, apuntou.