Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Sería importante gañar tres partidos seguidos»

RC Celta

Lista convocados: Aínda non puxen no vestiario os xogadores que irán ao partido. Eles aínda non a saben.

Jensen: Aínda non está dispoñible. Nos próximos días estará coa alta médica, pero despois deberá afrontar un proceso de readaptación funcional e un proceso de adaptación aos mecanismos do equipo. No futuro vai ser un xogador importante.

Lobotka: Está dispoñible e seguro que vai estar no grupo. Pola súa calidade e pola súa capacidade é un xogador que vai dar unha resposta a todas as necesidades que teña o equipo.

Centro do campo: Temos futbolistas no centro do campo con moita calidade. Os plans de xogo van decidir quen vai xogar. Haberá partidos nos que xogamos con tres ou mesmo con catro. Para min o máis importante é que os que adestren mellor son os que estarán máis preto de xogar. Dígolles sempre que sexan listos e cando xoguen fágano para sumar para o equipo.

Euforia: Ao final do partido en Villarreal eu falei cos mozos da euforia. É unha liga moi dura e todos os equipos van ter ciclos mellores ou peores e hai que estar listo para pelexar cada día. Hai que xogar ben ao fútbol porque por tendencia eses equipos gañarán máis partidos. A estabilidade emocional para cada día é moi importante.

Tres vitorias consecutivas: Sería importante gañar tres partidos seguidos pero o que é máis importante é que seguro que imos estar na pelexa en todos os encontros, que imos competir sempre. Iso vainos a facer máis capaces e permitiranos gañar máis veces.

Durmir en postos europeos: Hai dúas semanas estabamos a falar de que se perdiamos un partido teríamos que loitar polo descenso. Hai que ter os pés no chan e ser conscientes da dureza de LaLiga. O obxectivo debe ser a curto prazo pero moi claro.

Partido: Será un partido moi difícil e moi duro. É un equipo que non recibe goles fácil, que defende moi ben, que ten dous dianteiros perigosos e que é moi forte a balón parado. Teñen unha característica moi propia, pero nós temos que ser fieis á nosa idea e ao noso plan de xogo porque hai que saber que debemos pelexar ata o último minuto.

Estilo do rival: Estamos a preparar un equipo que saiba comprender os momentos do partido. Se facemos as tarefas ben seguro que seremos capaces de loitar contra as dificultades do encontro. Hai que estar atentos en defensa porque o Leganés ataca, e ataca como quere.

Equipo que quere ver: Hai cousas do partido ante o Villarreal que queremos que se vexan de maneira regular. Demos pasos cara adiante pero non foi perfecto todo o que fixemos ante o Vilarreal. Houbo cousas boas e outras non tan boas. A intención dos xogadores está aí e iso fainos crecer.

Baixas do rival: É un equipo que ten solucións a pesar das baixas. Están máis que preparados para chegar o partido e expor competencia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas