Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Temos que estar ao mesmo nivel de competición que contra o Sevilla»

RC Celta

Iago Aspas: está na lista e está preparado para o partido.

Convocatoria: Quedan fora Emre, Radoja, Iván Villar, Okay, Boudebouz e Andrew

Boudebouz: hai un conxunto de cousas que nos fan tomar decisións. Hai que manexar diferentes cuestións e non é sinxelo ao xogar unha só competición.

Partido: sabemos que xogo faise en Getafe. É un equipo que está moi tranquilo pola súa situación na táboa, que ten unhas características moi claras. O máis importante é comprender como temos que xogar nós. A referencia que temos é o partido de Sevilla e ser capaces de estar ao mesmo nivel de competición. Hai que repetilo con regularidade.

Olaza: estaba en pretemporada e chega a un posto moi específico en termos tácticos. Traballamos moito con el e démoslle información sobre o que facemos. É un rapaz que ten calidade e queremos que nos achegue cousas canto antes.

Jensen: no equipo só xogan 11 e temos 24. Ten condicións para competir e moi ben. Fixo unha semana de adestramentos moi boa e estou moi contento co seu traballo. Todos os xogadores teñen calidade no centro do campo e é unha pelexa moi dura, do mesmo xeito que pasa cos centrais.

Getafe: só o Valencia conseguiu remontarlles e encaixou moi poucos goles. Son datos que caracterizan ao equipo. Temos que repetir os comportamentos que nos levaron a ter a portaría a cero. Cando o consegues é máis fácil gañar partidos porque adoitamos facer goles en todos os partidos. No fútbol hai que competir ao máis alto nivel e iso significa levar os comportamentos tácticos ao límite.

Estilo del rival: teñen unha idea de xogo que a executan moi ben. Nós temos a nosa e debemos levala ao límite.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas