Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Temos que estar ben situados e ser agresivos co balón»

RC Celta

Iago Aspas: Iago é Iago, pero todos os xogadores son importantes. O que entre achegará cousas diferentes e encarámolo como algo natural desde o momento no que se lesionou. Hai xente con calidade, ilusión e ganas de facelo ben.

Sistema: Non é necesario modificar o sistema pola baixa de Aspas. O máis importante é non cambiar os principios de xogo. Non podemos pretender que o resto sexan como Iago, pero tampouco que él sexa como os demáis. Estou moi contento co que vin nos adestramentos de despois de Nadal, con moita competitividade entre os xogadores.

Compatibilidade no centro de campo: Cada partido pide cousas diferentes e hai que atopar aos xogadores para cada encontro.

Athletic Club: Veremos un equipo que quizais estea máis alerta. Veñen dun ciclo cun adestrador novo pero nós enfocámonos en cómo temos que facer as nosas cousas comprendendo o equipo que temos enfronte.

Aduriz: É un xogador experimentado, con calidade, pero preocúpanos máis a capacidade dos nosos centrais. Temos que estar ben situados e ser moi agresivos co balón.

Jensen: Cada día fai as cousas mellor, pero hai que comprender que os seus compañeiros as levan facendo máis tempo. A competencia é moi dura porque hai moita calidade.

Mercado de xaneiro: Buscamos a estabilidade no grupo. Seguro que hai equipos con interese no noso xogadores pero queremos que queden.

Reforzos: Non creo que haxa moito movemento. Non podemos pechar portas pero non estamos a pelexar por ninguén neste momento.

Emre Mor: Emre adestrou hoxe por primeira vez desde Ano Novo. Non pasou ben as festas, con indisposición. Hoxe terá a alta médica e estará dispoñible

Dennis: Está a adestrar connosco aínda que é un xogador do filial. Desde que Iago lesionouse decidimos que estivese connosco e está a adestrar moi ben.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas