Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Temos unha enerxía moi forte para cambiar a situación»

RC Celta

Baixas: ademais das situacións de Iago e Kevin, o resto están dispoñibles.

Apoio do vestiario: é algo que non sei. O que teño claro é que somos un grupo de traballo (corpo técnico, equipo médico, xogadores e todo o persoal) que está moi unido.

Resultados: para chegar onde queremos hai que conseguir resultados e buscar puntos. Os adestradores exponse aos resultados que obteñen. Temos unha enerxía moi forte para cambiar a situación, que sabemos que non é boa. Son os xogadores os que me enchen de enerxía cada día.

Resultados malos: Tamén teño claro que os resultados só obtéñense con máis traballo e a vontade de todos. Ese é o camiño para cambiar as cousas.

Solucións: hai que respectar os plans, ter unha vontade colectiva e sempre atopar o camiño das cousas boas. En todo iso traballamos esta semana.

Solidez: é moi importante non encaixar goles, claro. Pero para evitalos hai que ter claro que hai que facer un traballo colectivo moi forte.

Alavés: é un equipo forte, con bos xogadores e unha boa organización. Teñen un apoio moi forte no seu campo e en casa case sempre obtén resultados bos. Nós temos que igualar ese espírito e por no campo toda a enerxía que mostramos ao longo da semana.

Defensa: cada partido ten un plan e sempre nos fixamos en como xogan os contrarios. Buscamos que a nosa identidade non sexa exposta pero tentamos facer o maior dano aos nosos rivais.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas