O RC Celta e o Football Club Utrecht pecharon a cesión con opción de compra de Miguel Rodríguez. O mozo redondelano xogará a próxima tempada na Eredivisie tras unha destacada etapa no club celeste.
Con máis de 5.000 minutos entre primeiro equipo e canteira, Miguel sinalouse durante todos estes anos como un atacante potente e con visión, habilidades que lle levaron o pasado curso a lograr unha ficha co RC Celta e que lle servirán agora para despuntar na liga neerlandesa.
O club deséxalle o maior dos éxitos neste novo capítulo da súa carreira.
Grazas, Miguel!