
Miguel Román foi intervido hoxe no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, para realizar unha osteosíntese con parafuso destinada a tratar a fractura do quinto metatarsiano do pé esquerdo do xogador.
A intervención concluíu de xeito satisfactorio e mantense o período estimado de baixa arredor dos tres meses. O club deséxalle unha pronta recuperación.