
Durante unha acción no adestramento realizado esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza, Miguel Román notou unha forte dor no seu nocello e pé esquerdo. Tras realizárselle unha radiografía para descartar unha posible lesión ósea, as probas confirmaron unha fractura na base do quinto metatarsiano.
O xogador será sometido a tratamento cirúrxico e a intervención está prevista para os próximos días. En función da súa evolución, o tempo estimado de baixa será de entorno a 3 meses.
Ánimo, Miguel!