1300x400
Primeiro Equipo

Mihailo Ristic, ritmo e solidez para a banda esquerda do RC Celta

RC Celta

Mihailo Ristic (Bijeljina, Bosnia e Hercegovina, 31 de outubro de 1995) xa forma oficialmente parte da platilla do RC Celta. O lateral esquerdo, que chega a Vigo procedente do SL Benfica, firma co club celeste por 3 tempadas, ata 2026, converténdose no sétimo reforzo do RC Celta para a presente tempada.

O lateral, internacional coa selección absoluta de Serbia, é un defensa contundente e sólido que se forxou nas filas do Montpellier de Líguea 1 francesa e no Estrela Vermella de Belgrado. Oito tempadas, 190 partidos ás súas costas, 11 goles e 8 asistencias avalan o seu bo facer e rendemento.

Unha fichaxe que chega para fortalecer a defensa do conxunto dirixido por Rafa Benítez. Un lateral zurdo férreo, traballador e fiable que se una a un persoal que depositou unha gran ilusión nesta campaña do Centenario do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas