Momento inesquecible para a canteira celeste. O xuvenil Miguel Rodríguez debutou este domingo en Primeira División coa camiseta do RC Celta. O atacante disputou os últimos 10 minutos do partido ante Osasuna. Escorado na banda esquerda, Miguel deixou detalles da súa gran calidade.
O extraordinario traballo do RC Celta na canteira vese recompensado con momentos como o vivido este domingo en Pamplona, con até doce xogadores formados na Madroa presentes na convocatoria.
Miguel Rodríguez é o cuarto futbolista máis novo da historia do club en debutar en Primeira División. Esta tempada xa o fixeron Gabri Veiga e Jose Fontán.