nestor vertical 20421
Primeiro Equipo

Néstor Araujo e Santi Mina xa se adestran co grupo

RC Celta

L

As probas realizadas polos servizos médicos do RC Celta ao central Néstor Araujio desvelan que non sofre lesión significativa. O defensor sufriu unhas molestias no aductor esquerdo durante o partido do pasado fin de semana ante o Cádiz, no que foi substituído por precaución. Araujo adestrou esta tarde co resto de compañeiros nas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza.

Tamén adestrou co grupo o canteirán Santi Mina, ausente no último encontro por mor dunha contusión con edema no sóleo dereito.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas