nestor-ok.jpg
Primeiro Equipo

Néstor Araujo recibe a alta médica e Hugo Mallo entra no parte médico

RC Celta

Novidades no parte médico. O defensa Néstor Araujo recibiu este venres a alta médica tras completar con normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O mexicano sufriu unha escordadura o pasado domingo durante o encontro de Copa de SM o Rei do que xa está totalmente recuperado.

Pola súa banda, Hugo Mallo realizou adestramento individual debido a unha pubalxia. Espérase que o capitán celeste póidase reincorporar ao grupo no transcurso da próxima semana. Juncà e Iván Villar continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas