As probas médicas ás que foi sometido Néstor Araújo desvelaron que o defensor mexicano sofre unha elongación na porción longa do bíceps femoral longo da súa perna dereita. O xogador celeste xa iniciou o tratamento de fisioterapia e ximnasio e a súa evolución marcará o seu regreso aos adestramentos.