ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Nolito e Murillo reciben a alta médica

RC Celta

Boas novas no parte médico do primeiro equipo. Os xogadores Nolito e Jeison Murillo, ambos os lesionados no transcurso do último partido de LaLiga ante o Elche CF, recibiron a alta médica e xa adestran con total normalidade.

O atacante andaluz sufría unha contusión no dorso do pé dereito e o defensa colombiano unha sobrecarga dos isquiotibiais dereitos. Con estas dúas altas, só Brais Méndez permanece na enfermaría celeste.

O centrocampista, que non puido acudir á chamada da Selección Española debido a esta lesión, mantén tratamento antiinflamatorio e fisioterapia por unha contusión e escordadura do ligamento lateral externo do nocello dereito.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas