Primeiro Equipo

Nolito: “non me custou decidirme. Este é un gran proxecto”

RC Celta

NOLITO_PRESENTACION.jpg

O novo dianteiro do Celta foi presentado esta tarde en Balaídos ante decenas de afeccionados

 VIDEO DA PRESENTACIÓN EN CELTA TV

O Real Club Celta presentou esta tarde en Balaídos á súa terceira fichaxe para a 2013/2014, Nolito, dianteiro que chega procedente do Benfica que vincula ao club vigués polo próximas catro tempadas.

 

O futbolista andaluz estivo acompañado polo conselleiro Antonio Rosendo e o director deportivo Miguel Torrecilla, quen explicou que se teñen informes del desde que xogaba no Écija. Nolito é un xogador de ataque que se move tanto por banda esquerda, sempre en movemento diagonal buscando portaría, como polo centro como falso nove. Marca as diferenzas pola súa potencia e o seu desborde”.

 

Nolito afirmou que chega “a un proxecto moi bonito. O Celta está a facer as cousas ben”. O atacante regresa á liga española “feliz” e “disposto a facer todo o posible para axudar ao equipo”. O gaditano recoñeceu que a presenza no banco de Luís Enrique, con quen coincidiu no Barça B, “tivo algo que ver, pero sobre todo o club e a cidade”.

 

Tras a rolda de prensa Nolito saíu ao céspede de Balaídos para realizar a tradicional sesión de fotos vestido de curto, ademais de para atender ás decenas de afeccionados que lle deron unha cálida benvida.

 

Fotografía: Marta Grande

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas