Primeiro Equipo

Nolito reforza a dianteira do Real Club Celta

RC Celta

Nolito_-_Celta_vs_Barcelona_B.jpg

O atacante chega procedente do Benfica para vestir a celeste ás ordes de Luis Enrique

O Celta pechou a contratación dunha nova peza para o seu ataque. Trátase de Manuel Agudo Durán “Nolito” (15 de novembro de 1986, Cádiz), dianteiro que chega ao equipo vigués procedente do Benfica. O xogador será presentado hoxe sobre as 20:00 horas no estadio de Balaídos.

Nolito deu os seus primeiros pasos futbolísticos nas categorías inferiores da UD Algaida de Sanlúcar e do Atlético Sanluqueño, club gaditano que abandonaría no ano 2006 para fichar polo CD Mestalla, filial da Valencia CF que o cedeu ao Écija.

O seu bo papel no conxunto andaluz espertou o interese do FC Barcelona, que no 2008 incorporouno ao seu segundo equipo. No club blaugrana coincidiu con Luís Enrique, actual adestrador do Real Club Celta, e chegou a debutar co primeiro equipo en Primeira División e Copa do Rei.

Tras tres tempadas no club catalán, Nolito recalou no Benfica en 2011. O seu inicio no cadro lisboeta foi soprendente, ao anotar cinco tantos no primeiros cinco partidos da liga de Portugal.

No pasado mercado invernal, o dianteiro gaditano foi cedido ao Granada CF, onde xogou un total de 16 partidos e anotou 3 goles. Nolito deixou moi boas sensacións en Granada e foi clave na permanencia do equipo nazarí.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas