CUERPO-TÉCNICO-NUEVAS-INCORPORACIONES
Novas primeiro equipo

Novidades no corpo técnico do primeiro equipo e cambios no organigrama do filial

RC Celta

O Celta continúa perfilando a súa estrutura deportiva de cara á nova tempada na que disputará tres competicións, co obxectivo de seguir consolidando un proxecto ambicioso e competitivo en todas as súas áreas.
Deste xeito, o club incorpora ao corpo técnico do primeiro equipo a Pablo Pérez Urtaza, como preparador físico; e a Gael Potti, como adestrador de porteiros. Ambos contan cunha sólida traxectoria con experiencia na base e chegan para reforzar o traballo diario do staff técnico liderado por Claudio Giráldez.
Por outra banda, os servizos médicos incorporan ao doutor Ángel Piñeiro, especialista en medicina deportiva e traumatoloxía, tras a recente xubilación de Luis Rial. Ademais, Nacho Errando únese ao equipo de fisios como reforzo para esta tempada, mentres que, o seu posto no filial será ocupado por Xose Feijóo, procedente do Xuvenil.
Así mesmo, prodúcese un cambio no organigrama do Celta Fortuna tras a subida ao primeiro equipo de Gael Potti, un ascenso que reforza a aposta do club pola promoción interna e o talento da casa. No seu lugar, na formación dos porteiros do filial, incorporarase Pato Guillén.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas