Xornada de reunións e visitas ás instalacións deportivas do club. Imaxes de Celta TV
O adestrador do Real Club Celta, Luís Enrique, acompañado polos integrantes do seu corpo técnico, atópase xa en Vigo, onde chegou esta mañá cunha completa axenda de traballo.
Tras pasar polo Hotel Pazo Os Escudos, o técnico e os seus colaboradores desprazáronse á sé social do club en praza de España e regresaron ao hotel para compartir comida co director xeral celeste, Antonio Chaves.
Pola tarde, Luís Enrique e os técnicos visitaron as instalacións deportivas da Madroa na súa primeira toma de contacto co que será o seu principal lugar de traballo a partir do mes de xullo. Mañá, o técnico asturiano será presentado ante os medios de comunicación no estadio de Balaídos.