O RC Celta non perdía no seu feudo desde decembro de 2017. A derrota reapareceu en ABANCA Balaídos ante un Alavés en estado de graza, un rival que aproveitou unha das súas poucas chegadas a porta para adiantarse no marcador e que, tras marcar, resistiu as arremetidas celestes até o asubío final.
A imaxe dos de Antonio Mohamed foi positiva no primeiro tempo e tras o tanto vasco, na segunda parte, asaltaron incesantemente a portaría rival. Baixo paus atopáronse a un inconmesurable Pachecho. O gardameta albiazul estivo a piques de perderse o partido por lesión e, finalmente, foi titular e decisivo. Boufal, Aspas e Brais tiveron excelentes ocasións para perforar a rede do Alavés, frustradas polo pacense.
O técnico celeste tentou reactivar o ataque vigués dando entrada a Mor e Sisto, pero a súa presenza no campo non tivo o efecto esperado. Non se moveu o marcador e, dezasete partidos oficiais despois, o RC Celta volveu sentir o amargor da derrota no seu estadio. O conxunto celeste recibe a próxima semana ao Eibar (sábado, 18:30), un choque no que será vital conquistar o tres puntos tras seis xornadas consecutivas sen coñecer a vitoria.
FICHA TÉCNICA
0-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Júnior Alonso (Hjulsager, min.87), Beltrán (Emre Mor, min.63), Lobotka, Brais Méndez, Iago Aspas, Dennis Eckert, Boufal (Sisto, min.74).
1-ALAVÉS: Pacheco, Martín, Laguardia, Navarro, Duarte, Manu García, Brasanac (Wakaso, min.75), Pina, Ibai Gómez, Jony (Borja Bastón, min.92), Calleri (Sobrino, min.74).
Goles: Tomás Pina (0-1, min.58).
Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestó a Cabral, Hjulsager (Celta); Laguardia, Calleri, Tomás Pina (Alavés).
Campo: ABANCA Balaídos (15.627 espectadores).
Observaciones: antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio en recordo de Luka Malesev, adestrador asistente do RC Celta na década dos 80.