Primeiro Equipo

O atacante Claudio Beauvue, en Vigo para completar a súa fichaxe polo RC Celta

RC Celta

beauvue160116

 

O dianteiro francés Claudio Beauvue (1988, Guadalupe) aterrou hoxe en Vigo para formalizar a súa incorporación ao Real Club Celta. Procedente do Olympique de Lyon, a súa contratación está pendente da pertinente proba médica e de que se peche o acordo definitivo.

Beauvue é un xogador consolidado que se desenvolve tanto en banda como no resto de posicións ofensivas. A pasada tempada brillou no Guingamp da Primeira División de Francia con 27 goles en Liga, Copa e Europa League.

O seu gran rendemento levoulle a asinar polo Olympique de Lyon, un dos conxuntos máis potentes do campionato francés co que debutou na Champions League. En media campaña co club lionés asinou 8 goles.

Internacional coa Selección de Guadalupe e cunha Copa de Francia na súa palmarés, Beauvue destaca pola súa verticalidade, velocidade, xogo aéreo e capacidade goleadora.

 

O xogador estivo este sábado no Estadio de Balaídos, onde presenciou o segundo tempo do partido ante o Levante.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas