O RC Celta xa coñece a un novo rival nesta pretempada de LaLiga 2021/22, o Bayern 04 Leverksusen, quinto clasificado na pasada edición da Bundesliga.
O partido disputarase nas instalacións do conxunto renano o próximo 31 de xullo ás 16h española e constará de tres tempos de 45 minutos cada un deles.
Será unha proba moi esixente para os nosos, prácticamente un mes despois do inicio da pretempada, e ante un equipo que estará na próxima edición da UEFA Europa League.
O Bayer 04 Leverkusen é un equipo de moito prestixio en Alemaña, ganador dunha Bundesliga, unha Copa da UEFA e unha Copa de Alemania. Ademais, nas súas filas conta cunha gran cantidade de xogadores internacionais absolutos coas súas respectivas seleccións.
Próximamente, o club anunciará como se poderá seguir este partido de pretempda a só dúas semanas para o arranque da competición oficial.
Como xa anunciou o club, o 7 de agosto o equipo xogará un partido de preparación en Inglaterra ante o Wolverhampton Wanderers Football Club.