
O Celta afrontará por segundo ano consecutivo unha nova aventura na UEFA Europa League con oito partidos por diante: catro en Abanca Balaídos e catro lonxe de casa. Unha folla de roteiro para volver sentir, viaxar, competir e soñar xuntos.
A aventura comezará en setembro e levará ao conxunto celeste a enfrontarse a algúns dos grandes nomes do fútbol europeo. Juventus, Olympique de Marsella, Union Saint-Gilloise, Celtic, Bournemouth, Omonia, Lillestrøm e Hapoel Beer-Sheva serán os rivais dunha fase de liga que volverá converter cada xornada nunha cita especial para o celtismo.
O camiño celeste será o seguinte:
Xornada 1: Omonia – Celta | 16 de setembro, 18:45h.
Xornada 2: Celta – Juventus | 15 de outubro, 21:00h.
Xornada 3: Celtic – Celta | 22 de outubro, 21:00h.
Xornada 4: Celta – Union Saint-Gilloise | 5 de novembro, 21:00h.
Xornada 5: Celta – Bournemouth | 26 de novembro, 18:45h.
Xornada 6: Olympique de Marsella – Celta | 10 de decembro, 18:45h.
Xornada 7: Celta – Lillestrøm | 28 de xaneiro, 21:00h.
Xornada 8: Hapoel Beer-Sheva – Celta | 21 de xaneiro, 21:00h.
A Europa League xa ten o seu calendario. Agora empeza o noso camiño.